FacebookTwitter

Lonxa de Campelo, A.I.E.

Lonxa de Campelo

Na Lonxa de Campelo, Poio, realízase a poxa de peixes e mariscos capturados na Ría de Pontevedra. Está xestionada polas confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán e Raxó.

Está certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de peixes, crustáceos, cefalópodos e bivalvos.