Vieiras con aires de mar

FacebookTwitter
Vieiras con aires de mar
INGREDIENTES

Para o aire de mar:

  • 500 g de auga
  • 10 g de alga Codium en polvo
  • 15 g de lecitina de soia
  • 4 g de sal
  • Vieiras certificadas pescadeRías de onde se non?

Allada:

  • 2 g de allo
  • 4 g de  pirixel
  • 80 g de aceite de oliva mitade 0,2 e mitade 0,4

Receita cortesía de José Rodolfo Hernández, chef do Espazo Gastronómico DeLito de Santiago de Compostela, perfecta como aperitivo ou como entrante.

Preparación:

Para facer a allada introducimos todos os ingredientes na túrmix, trituramos e reservamos.

Para elaborar o aire de mar, poñemos os ingredientes nun recipiente alto e estreito e batemos ata mesturar ben. Una vez mesturado procedemos a levantar o aire inclinando o recipiente de xeito que a mestura faga unha corrente circular por debaixo da escuma que estamos creando. Cando teñamos unha cantidade suficiente de escuma, deixámola repousar uns minutos que será o tempo no que faremos as vieiras.

A continuación, poñemos as vieiras nunha tixola con aceite moi quente, 30 segundos por cada lado. Engadimos un pouco de allada cun chisco de sal a cada una delas e cando comeza a soltar os seus mollos, retirámolas.

Xa só queda empratar. Colocamos nun prato plano as vieiras e con moito coidado imos recuperando o aire.  Coa axuda dun coador moi fino recollemos a escuma que se xerou na superficie e rematamos o prato cubrindo as vieiras co aire de mar. Se non temos coador podemos utilizar unha culler.